O proxecto

“Credencial Gastro” é unha acción itinerante polos Camiños de Santiago que converte os produtos galegos con selo de calidade no fío condutor dun xogo gastronómico participativo.

Este proxecto forma parte do programa O Teu Xacobeo financiado por:

Logos Xunta de Galicia - Galicia Calidade - Xacobeo 2027

¿En qué consiste?

Icono 1

O participante escolle unha Credencial Gastronómica: mar, carne, vexetal ou doce

Icono 2

Recibe unha degustación gratuíta

Icono 3

Identifica os produtos con selo de calidade da tapa incorporándoos na Credencial mediante selos adhesivos

Icono 4

Quen acerta gaña un obsequio promocional

As credenciais

O primeiro elemento do xogo é unha Credencial Gastronómica, unha pequena cartilla inspirada na credencial do peregrino. O sistema de credenciais estrutúrase en catro tipos diferenciados, cada un cunha cor identificativa:

Credencial Vexetariana

Serán tapas a base de vexetais nas que caben produtos base como o Pemento de Herbón DOP, o Pemento de Arnoia IXP, o Pemento de Oímbra IXP, o Pemento do Couto IXP, o Pemento de Mougán IXP ou produtos con selo de Agricultura Ecolóxica.

Credencial Doce

Poderán incluír produtos base como os diferentes queixos galegos DOP, Mel de Galicia IXP, Castaña de Galicia IXP, etc.

Credencial Carnívora

Serán tapas como produtos base como o Lacón Galego IXP, a Terneira Galega IXP, a Vaca e Boi de Galicia IXP ou o Capón de Vilalba IXP.

Credencial Mariñeira

Serán tapas con produtos base como o Mexillón de Galicia DOP ou produtos con selo de Agricultura Ecolóxica.

Mariñeira
Vexetariana
Carnívora
Doce

```

Os selos

Despois da degustación, o participante pode consultar a información dos produtos con certificación de calidade e tratar de identificar aqueles que estaban presentes na súa tapa. Cando considere que o ten, poderá selar a súa credencial cos selos adhesivos identificativos de cada produto. O equipo verifica a combinación e, no caso de que sexa correcta, premiará ao participante cun obsequio promocional.

Estes son os produtos galegos con calidade e orixe certificada: